A Atención Primaria é un elemento clave dentro do noso sistema sanitario que se sitúa preto do lugar de residencia da cidadanía, e comprende o conxunto de actividades médico-asistencias e de saúde pública desenvolvidas polo conxunto de profesionais sanitarios e non sanitarios do SERGAS.
A Atención Primaria ten por finalidade a asistencia sanitaria, a promoción da saúde e a prevención, rehabilitación, investigación e a docencia.