O seu obxectivo xeral é manter un enfoque integral e unha visión transversal da formación naquelas competencias que son comúns a tódolos profesionais independentemente da súa categoría profesional, e proporcionar as ferramentas formativas necesarias para o desenvolvemento das competencias específicas nas distintas categorías, niveis, especialidades ou servizos.
Obxectivos específicos
Dada a importancia da formación dos traballadores da saúde e, o continuo avance social e tecnolóxico fai que este campo sexa extremadamente sensible e cambiante; por iso a formación continuada debe facer un esforzo e adaptarse para responder as demandas da sociedade e dos traballadores, dando resposta aos obxectivos asistenciais e organizativos da institución.