A nosa entidade colabora na formación pregrao de futuros/as profesionais facilitando a súa formación práctica, tanto de titulacións universitarias, como de formación profesional de grao medio e superior, sanitarias e non sanitarias. Os programas de ensino actuais conceden un maior peso específico aos contidos prácticos, xa que axudan a afianzar e contextualizar a aprendizaxe das materias, contribuíndo á mellora da capacitación profesional.
En canto ás titulacións universitarias, ademais de Medicina e Enfermaría, acóllese alumnado doutras titulacións como Farmacia, Óptica e Optometría, Psicoloxía, Química, Nutrición Humana e Dietética, Fisioterapia, Traballo Social, Enxeñaría, Informática, Ciencias políticas, etc.
Así mesmo, levamos a cabo outras prácticas pre-profesionais, realizadas en base a convenios puntuais con asociacións ou organismos acreditados para outorgar titulacións que capacitan ao/á traballador/a para exercer determinadas profesións non reguladas por lei.