CURIOSIDADES
Sabías que...
... a superficie do hospital é 29 veces máis grande que a dun campo de fútbol?
... as obras de construción acometéronse en menos de catro anos?
... é o primeiro edificio sanitario español recoñecido coa certificación internacional "
BREEM ES" polo seu compromiso medioambiental, en materia de sustentabilidade, eficiencia enerxética e respecto polo medio?
... conta co servizo de Urxencias máis grande de Galicia, con máis de 6000 metros cadrados, duplicando as instalacións que tiñan o Xeral e o Meixoeiro xuntos?
... o 70 por cento das habitacións son individuais?
... conta con dous quirófanos integrados pioneiros en Galicia, de altas prestacións e coa tecnoloxía máis avanzada?
... a área materno-infantil é a máis importante de Galicia polo seu volume de actividade, sendo a que rexistra o maior número de nacementos de toda a comunidade?
... incorpora un área de 1.700 metros cadrados dedicada á laboratorios de investigación, favorecendo as sinerxías entre investigación clínica e básica?
... dispón dun heliporto con conexións directas á área cirúrxica e á reanimación de Urxencias?
DATAS HISTÓRICAS DA APERTURA
- Inicio de actividade ambulatoria - 29 de xuño de 2015 - No primeiro día de actividade foron atendidos 65 pacientes na Unidade de Hemodiálise de Nefroloxía e consultas de Anestesia
- Apertura do Hospital de Día - 27 de xullo de 2015 - Inicio das consultas externas e tratamentos ambulatorios do Hospital de Día de Oncoloxía e Hematoloxía
- Primeiros ingresos - 24 de agosto de 2015 - Ese día ingresaron os primeiros pacientes, un total de 32, que foron trasladados desde as Unidades de Agudos dos servizos de Psiquiatría do Meixoeiro e Nicolás Peña
- Primeira Intervención cirúrxica - 22 de setembro de 2015 - Os especialistas dos servizos de Otorrinolaringoloxía, Uroloxía, Cirurxía Vascular e Cirurxía Torácica foron os primeiros profesionais en estrear os quirófanos. O primeiro día operaron a 8 pacientes
- Apertura das Urxencias - 24 de setembro de 2015 - Ás 8.00 horas abriuse a porta do servizo de Urxencias, co equipo trasladado do Hospital Xeral; ao día seguinte trasladouse o do Meixoeiro, polo que o 25 de setembro unificáronse as Urxencias hospitalarias de Vigo no Álvaro Cunqueiro
- Primeiro bebé nacido no hospital - 25 de setembro de 2015