- Atención ao neno:
- Patoloxía benigna de crecemento no neno (Osgood Slater e Enfermidade de Sever)
- Alteracións do raque durante o desenvolvemento
- Patoloxía respiratoria
- Tortícolis conxénitas sen bultoma
- Atención á muller:
- Patoloxía do solo pélvico feminino: incontinencias e prolapsos leves, síndromes miofasciais, cicatrices de episiotomías e cesáreas
- Atención ao adulto / ancián:
- Patoloxía osteoarticular crónico – dexenerativa: principalmente a nivel vertebral de membros inferiores
- Patoloxía musculoesquelética benigna con limitación funcional:
- Alxias vertebrais: cervicalxias, dorsalxias e lumbalxias
- Alteracións da aliñación do raque: escolioses leves e hipercifoses
- Patoloxía benigna ou simple de xeonllo: escordaduras, tendinites, síndrome femoropatelar,…
- Patoloxía benigna ou simple de nocello: escordaduras, fascite plantar, tendinite aquílea,…
- Ombro doloroso: tendinite de ombreiro
- Patoloxía benigna ou simple de cóbado: epicondilite, epitrocleíte,..
- Patoloxía de ATM: síndromes miofasciais
Dentro das actividades que se realizan nas UFAP ademais do máis coñecido que son os tratamentos individuais das diversas patoloxías que presentan os usuarios, desenvólvense actuacións coma:
- Actividades grupais: para o adestramento e realización de Exercicio Terapéutico enfocado ao problema de saúde que presentan os usuarios, e entre as que destaca a Escola das Costas
- Educación para a saúde (EPS): actuar sobre aqueles determinantes da saúde co obxecto de desenvolver condicións que favorezan a saúde