h1

Poderá consultar o estado de tramitación da súa reclamación ou suxestión en calquera dos centros asistenciais ou administrativos dependentes da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde nos que estea implantado o sistema de xestión de reclamacións e suxestións "CONTACTE"
Para facilitar o trámite deberá comunicar o código identificativo da reclamación ou suxestión que lle foi asignado.
Ademais, tamén poderá facer esta consulta de forma telemática a través do espazo habilitado na web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es. No caso de que acceda a dita consulta mediante certificado dixital terá acceso ao contido da resposta desa ou doutras posibles reclamacións e/ou suxestións que puidera presentar ata ese momento.