HiddenAnchor
h1
Hospital Álvaro Cunqueiro
Un hospital vangardista
A Xunta de Galicia construíu en Vigo un novo Hospital Público que presta asistencia sanitaria a máis de 600.000 veciños desta cidade e a súa área de influencia. Trátase da obra sanitaria pública de maior envergadura que se acometeu nos últimos tempos en España.
Con esta nova infraestrutura asistencial, que forma parte do sistema multihospital, dáse resposta con visión de futuro a unha necesidade histórica, e faise xustiza coa área sanitaria máis poboada de Galicia.
A área metropolitana de Vigo xa dispón dun hospital público dos máis modernos de Europa, situado na vangarda tecnolóxica, no que prestan asistencia os profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde, e que ofrece as mellores condicións asistenciais para pacientes e profesionais.
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, unha maneira de facer Europa
A adquisición e montaxe dos equipamentos para a posta en marcha e funcionamento dos servizos sanitarios no novo hospital de Vigo está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo temático de promoción da igualdade, a saúde e a inclusión social, para dar mellor cobertura sanitaria á poboación da comarca de Vigo, reducindo o tempo medio de espera estrutural cirúrxico e acadando unha maior ambulatorización dos procesos cirúrxicos.
Ordenar
Sen agrupar
Agrupar por Colectivos
Agrupar por Interésame
Agrupar por A nosa organización
Agrupar por Calidade e Investigación
Agrupar por Contidos intranet
Agrupar por Docencia e Formación
Agrupar por Guías
Agrupar por Servizos electrónicos
Non se atopou ningún resultado asociado
Clasificación
Categorías:
Temas,
A nosa organización,
Os nosos centros,
Hospitais
A nosa organización
Colectivos,
Cidadanía e Pacientes,
Profesionais,
Empresas e Provedores
Interésame,
Teño que ingresar