h1

En referencia á súa mensaxe, para poder ofrecerlle unha solución precisamos reunir máis información relativa á incidencia que se está a producir. Por este motivo, pedímoslle axuda para realizar as seguintes comprobacións:
 
  1. O erro que se mostra
  2. O paso no cal estaba vostede no momento en que se mostrou o aviso
  3. A opción escollida para acceder ao sistema (Tarxeta Sanitaria ou DNI Electrónico/certificado dixital). No caso de escoller a opción de Tarxeta Sanitaria, facilítenos os datos introducidos (TISS e NASS)
  4. O nome do navegador e sistema operativo do ordenador ou dispositivo móbil dende o que realiza a solicitude
 
Pode enviar esta información a través da canle da web do Sergas a disposición da cidadanía para comunicar incidencias, achegas, críticas, preguntas, etc., sobre os temas do seu interese que estean en relación co Sistema Público de Saúde de Galicia: