h1

Préstamo de camas
A Área Sanitaria de Vigo dispón dun servizo de préstamo de camas con fins sociais para particulares, colectivos ou concellos da área sanitaria de Vigo que as soliciten.
As camas, cos seus correspondentes colchóns, están almacenadas nas instalacións do antigo Hospital do Rebullón e proceden, na súa maior parte das que quedaron sen uso do antigo Hospital Xeral.
As peticións deben tramitarse a través dos traballadores e traballadoras sociais do CHUVI, dos centros de saúde e mesmo dos concellos da área sanitaria viguesa. Son eles os que emiten os informes favorables.
O transporte desde o Rebullón e a posterior devolución cando deixen de usarse corre por conta do usuario.

Préstamo de cadeiras de rodas
A Área Sanitaria de Vigo dispón dun servizo de préstamo de cadeiras de rodas con fins sociais para pacientes da área sanitaria que o precisen por falta de mobilidade.
As solicitudes realízanse no Servizo de Concertos e Prestacións, que está situado no Hospital Nicolás Peña.
Para solicitar o préstamo da cadeira de rodas, o paciente debe acompañar o correspondente documento de prescrición asinado polo médico de Familia do seu centro de saúde.