h1

A información a pacientes e familiares constitúe unha das liñas fundamentais da Estratexia Galega contra o Cancro do Servizo Galego de Saúde. Con este documento "PROCESO ASISTENCIAL INTEGRADO DE CANCRO DE MAMA" quérese trasladar á paciente e ao seu ámbito máis próximo toda a información necesaria para un mellor entendemento da enfermidade, das opcións diagnósticas e terapéuticas dispoñibles e das distintas etapas polas que pasa, co obxectivo final de mellorar a toma de decisións nos procesos asociados ao cancro de mama.