h1

O seguimento e cualificación do proceso de adquisición de competencias profesionais durante o período de residencia levarase a cabo mediante as avaliacións formativas, anual e final.

O titor, como responsable da avaliación formativa, cumprimentará informes normalizados que se incorporarán ao expediente persoal de cada residente.

Constituirase un comité de avaliación por cada unha das especialidades cuxos programas formativos se desenvolvan no centro ou unidade docente.