h1

A Escola do Hospital presta os servizos da Aula Hospitalaria e da Atención Educativa Domiciliaria. Así, o equipo docente oferta soporte educativo aos pacientes pediátricos que non poden asistir aos seus centros educativos ordinarios por razóns de saúde.

A atención sanitaria prestada polo Sergas ás nenas e nenos hospitalizados pretende dar unha resposta óptima dende o punto de vista médico, pero tamén quere ofrecer unha atención integral, que comprenda todos os aspectos da esfera psico-bio-social da persoa e da súa familia. 
 
Neste marco, a educación regrada é un elemento esencial. A través da Consellería de Educación préstase soporte docente experto, que permite aos menores ingresados manter o seu curso académico, desenvolvendo no hospital o programa curricular do seu centro escolar.
 
No Hospital Álvaro Cunqueiro ofértase unha educación personalizada, xa que a maiores da actividade propiamente académica e curricular adecuada a cada alumna e alumno, cómpre engadir tamén unha intervención lúdica, socializadora e case terapéutica.
 
Así, desenvólvense actividades extraescolares realizadas por Fundacións, ONGs, e Asociacións que voluntariamente traballan en prol das rapazas e rapaces hospitalizados. Agradecer moi especialmente a colaboración habitual de Bicos de Papel; Asanog; Cruz Roja; Galiclown Pallasos do Hospital; Dres. Sonrisa da Fundación Theodora e a Fundación Abracadabra.
 
Contacto: A Aula Hospitalaria atópase no Hospital Álvaro Cun​queiro, na planta 3ª, corredor de Pediatría entre as velas E e F

Enlaces relacionados Enlaces relacionados