A Docencia constitúe un alicerce fundamental para garantir a adquisición de coñecementos e habilidades por parte dos/as nosos/as profesionais, actuais e futuros, así como o seu perfeccionamento e actualización.
A nosa Organización asinou convenios de colaboración coas Universidade de Vigo e Santiago de Compostela, así como acordos con outras facultades ou universidades para a realización de prácticas en diversas titulacións, tanto en grao como en posgrao.
Máis de 1.300 alumnos/as de pregrao e posgrao reciben cada ano formación no noso centro.
Actividades desenvolvidas dende Docencia:
Acollida dos/as alumnos/as en prácticas.
Planificación e xestión do proceso de rotación nas distintas unidades e servizos.
Tramitación e coordinación da formación práctica co Sergas, facultades, etc.
Atención ao alumnado no relativo a consultas e dúbidas xurdidas durante a súa estancia no centro.