h1

Se vostede quere presentar unha reclamación pode facelo:
De xeito presencial no seu Centro de saúde ou a través do Servizo de Atención á Cidadanía do seu hospital, ou de forma telemática por medio do espazo habilitado na páxina Web do Sergas e a Consellería de Sanidade CONTACTE
 
Lembre que as reclamacións por escrito poden ser presentadas segundo o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común*:
  • Nos rexistros dos órganos administrativos aos que se dirixan
  • Nos rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera administración das comunidades autónomas, ou á dalgunha das entidades que integran á Administración Local se, neste último caso, se subscribise o oportuno convenio
  • Nas oficinas de correos, na forma que regulamentariamente se estableza
  • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España ou do estranxeiro
  • En calquera outro lugar que establezan as disposicións vixentes
* Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A presente Lei entrará en vigor ao ano da súa publicación no «Boletín Oficial do Estado».
Con todo, as previsións relativas ao rexistro electrónico de apoderamentos, rexistro electrónico, rexistro de empregados públicos habilitados, punto de acceso xeral electrónico da Administración e arquivo único electrónico producirán efectos aos dous anos da entrada en vigor da Lei.