h1

Son períodos formativos que se desenvolven en centros ou dispositivos non previstos no programa de formación nin na acreditación outorgada ao centro ou unidade docente.

Na solicitude de rotación, o residente deberá especificar o período de duración da mesma.

O responsable da titoría docente, co visto bo do xefe de servizo onde estea situada a unidade docente, fará un informe proposta motivado especificando os obxectivos que se pretenden, os cales deben referirse á ampliación de coñecementos ou ao aprendizaxe de técnicas non practicadas no centro, e que, segundo o programa de formación, son necesarios ou complementarios a este.

 

Documentos relacionados Documentos relacionados