h1

A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo posiciónase como referencia nacional na aplicación de procesos de humanización, tanto nos hospitais como nos centros de Atención Primaria. De feito, vense de publicar a primeira Memoria de Humanización que se realiza en España, na que se compendian todas as actuacións deste tipo levadas a cabo nos distintos centros da área sanitaria viguesa.

Tratamos enfermidades, Coidamos persoas” é o título do documento que reflicte a aposta decidida da EOXI de Vigo por humanizar a asistencia sanitaria.