h1

CURIOSIDADES  
 
Sabías que...
  • ... este ano celébrase o 30 Aniversario do Hospital do Meixoeiro?
  • ... o Meixoeiro foi un hospital innovador, preocupado por prestar unha atención máis humanizada e individualizada?
  • ... foi o primeiro hospital de España en ofrecer aos usuarios un Menú á Carta con fotos dos menús?
  • ... foi o primeiro hospital de España en contar cun servizo de Azafatas para recibir, informar e acompañar aos pacientes á habitación asignada?
  • ... foi dos primeiros hospitais públicos de España en estar completamente informatizado?

 

DATAS HISTÓRICAS

  • Inicio de actividade - O Hospital atende aos primeiros pacientes o 30 de novembro de 1989
  • Apertura hospitalización - O Hospital abre as súas portas por primeira vez con 68 camas, dous quirófanos e actividade exclusivamente cirúrxica
  • Apertura das Urxencias - O 15 de novembro de 1990
  • Transferencias sanitarias á Xunta de Galicia - O 1 de xaneiro de 1991
  • Inicio da Docencia de médicos especialistas (MIR) - En xaneiro de 1992
  • Ampliación do Hospital - Con dous novos Anexos en outubro de 1993
  • Unidades de Alta tecnoloxía - Posta en funcionamento en setembro de 1996
  • Reforma e Ampliación das Unidades Ambulatorias - 2006/2008. 56 novas consultas, tres novos quirófanos e novo Hospital de Día