h1

Co obxecto de que os cidadáns poidan coñecer o Hospital Álvaro Cunqueiro, o Servizo Galego de Saúde desenvolve as Xornadas de portas abertas "Coñece o teu hospital", un programa de visitas guiadas polas instalacións do edificio e os seus servizos.

Neste marco, están a visitar o Hospital, ademais dos profesionais sanitarios e non sanitarios da Área Sanitaria de Vigo, diversos colectivos e asociacións cidadáns, tanto veciñais como profesionais, culturais ou educativos.

Só nun ano participaron no programa máis de 600 persoas. Nesta sección poden visualizarse imaxes das visitas máis recentes.​

Para máis información contacte co Servizo de Comunicación e Relacións Institucionais da EOXI de Vigo na dirección de correo electrónico: comunicacion.vigo@sergas.es