Co obxecto de que os cidadáns poidan coñecer o Hospital Álvaro Cunqueiro, o Servizo Galego de Saúde desenvolve as Xornadas de portas abertas "Coñece o teu hospital", un programa de visitas guiadas polas instalacións do edificio e os seus servizos.
Neste marco, están a visitar o Hospital, ademais dos profesionais sanitarios e non sanitarios da Área Sanitaria de Vigo, diversos colectivos e asociacións cidadáns, tanto veciñais como profesionais, culturais ou educativos.
Só nun ano participaron no programa máis de 600 persoas. Nesta sección poden visualizarse imaxes das visitas máis recentes.
Para máis información contacte co Servizo de Comunicación e Relacións Institucionais da Área Sanitaria de Vigo na dirección de correo electrónico: comunicacion.vigo@sergas.es