h1

O Servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro é o maior e mellor dotado de Galicia e a súa función é atender aos pacientes máis graves. Un 45% dos casos que chegan a este servizo son de carácter leve e poderían ser resoltos nos Puntos de Atención Continuada (PAC) ou nos Centros de Saúde.
 
En caso de dúbidas acerca da gravidade dos síntomas debemos chamar ao 061. Familiares e pacientes debemos colaborar no uso racional dos servizos: é responsabilidade de todos.