h1

A formación posgrao de especialistas ten un especial significado para a EOXI de Vigo. Por ese motivo, desde o ano 2014, edítase a Orla das distintas promocións de facultativos residentes que conclúen a súa especialidade nos servizos asistenciais, tanto hospitalarios como de Atención primaria.
A Orla, sen dúbida, confire un grao máis de solemnidade aos actos que, cada ano, celébranse para despedir aos novos médicos especialistas.  Cada un deles recibe un exemplar e outro máis está colocado na galería das dependencias de Docencia de Atención Primaria e nos Hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro.