A atención hospitalaria comprende as actividades asistenciais, diagnósticas, terapéuticas e de rehabilitación e coidados, así como aquelas de promoción da saúde, educación sanitaria e prevención da enfermidade, cuxa natureza aconsella que se realicen neste nivel, garantindo a continuidade da atención integral do paciente, unha vez superadas as posibilidades da Atención Primaria e ata que aquel poida reintegrarse no devandito nivel. Ademais daqueles que precisen unha intervención cirúrxica, ingreso ou exploracións de alta tecnoloxía, debendo estar interrelacionada coa atención primaria co obxecto de evitar ingresos innecesarios e facilitando a accesibilidade.
Para o desenvolvemento desta actividade asistencial a Área Sanitaria de Vigo conta cun Complexo Hospitalario Universitario de Vigo -CHUVI- cos seguintes centros hospitalarios:
Hospital Álvaro Cunqueiro
Hospital Meixoeiro
Hospital Nicolás Peña
Configuración do Complexo Hospitalario Universitario de VigoA posta en funcionamento do novo hospital público Álvaro Cunqueiro no ano 2015 conlevou unha reordenación integral da área sanitaria de Vigo, que hoxe en día conta con centros especializados en diferentes prestacións asistenciais, e cuns criterios de atención determinados polas necesidades dos pacientes e a súa patoloxía.
A reordenación integral da atención hospitalaria en Vigo deixa atrás un modelo asistencial de máis de 60 anos, é a máis complexa que se acometeu en España, e está orientada a dar resposta aos principais problemas que afronta a sanidade pública viguesa: as listas de espera, a atomización e dispersión de servizos e a non especialización dos centros.