As Unidades de Alta tecnoloxía, dispoñibles en Vigo desde 1996, marcan un fito histórico na asistencia sanitaria pública. Así, nos hospitais do Complexo vigués pódense subliñar as seguintes:
Unidades de Cirurxía Cardíaca e de Hemodinámica e Cardioloxía Intervencionista
O día 9/04/1996 realizouse a primeira intervención do corazón no Hospital do Meixoeiro
Anualmente realízanse 700 intervencións cirúrxicas e máis de 4000 procedementos de cardioloxía intervencionista
Unidade de Diagnóstico por Imaxe
Dispón de 4 equipos de Resonancia Magnética e 6 equipos de TAC
Realízanse 30.000 estudos diagnósticos anuais
Unidade de Oncoloxía Radioterápica
Conta con 4 aceleradores lineais para o tratamento do cancro
Aténdense 2.500 pacientes novos anuais
O PET-CT da Unidade de Medicina Nuclear
Na actualidade atende a 4.000 pacientes novos anuais
SABÍAS QUE.....?
... o CHUVI é un centro de referencia no tratamento integral do cancro e do corazón para o sur de Galicia, situándose entre os primeiros servizos a nivel nacional en ambas as especialidades?
... ata 1996 os pacientes que precisaban dunha operación de corazón ou dun tratamento radioterápico tiñan que ser derivados a outras áreas sanitarias e mesmo fora de Galicia?
... a Unidade de Oncoloxía radioterápica é referente en España para o tratamento de tumores cerebrais en nenos/as, polos seus sistemas exclusivos de inmobilización de pacientes?
... estas unidades realizaron un procedemento pioneiro no mundo para tratar un cancro de pulmón, parando totalmente a respiración do paciente?