Na Área Sanitaria de Vigo acollemos a alumnos/as de Grao en Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, para a impartición das materias correspondentes á Práctica Clínica de 6º curso, así como para a realización de prácticas, en período non lectivo, a partir de 3º curso.
Así mesmo, recibimos alumnos/as en prácticas doutras universidades de dentro e fóra de Galicia, xestionadas a través da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Ligazón ACIS
Esta formación é posible grazas á colaboración e implicación dos/as responsables dos servizos, profesores/as asociados/as e colaboradores docentes que, de xeito programado e coordinado, participan na posta en marcha de programas formativos específicos.