h1

​Con motivo do I aniversario do Hospital organizouse a "I Andaina Biosaudable do Hospital Álvaro Cunqueiro" en colaboración coa Asociación de Veciños de Beade pola senda do río Barxa, que circunvala ao hospital. 
Trátase dunha ruta de dificultade baixa, de aproximadamente 2 quilómetros e cunha duración de menos de 30 minutos.
O obxectivo é triplo: promover o deporte e a vida sa para concienciar á cidadanía da importancia de realizar exercicio moderado; sensibilizar á poboación de que dispón dun hospital próximo, amigable, e integrado na sociedade; e dar a coñecer unha nova ruta de sendeirismo no contorno do hospital.
Hospital integrado no contorno
O Hospital Álvaro Cunqueiro é un referente no conxunto do Sistema Nacional de Saúde polo seu compromiso medioambiental, xa que é o primeiro edificio sanitario recoñecido pola prestixiosa certificación internacional "Breeam Es", que acredita as edificacións máis esixentes en materia de sustentabilidade, eficiencia enerxética e respecto polo medio.
No deseño deste hospital conflúen un conxunto de solucións estruturais, enerxéticas e de adaptación arquitectónica ao contorno que o converten nun edificio eficiente e moi respectuoso co medio.
O Álvaro Cunqueiro é un Hospital respectuoso co contorno, integrado na paisaxe, que preserva os elementos naturais existentes. 
De feito, na súa construción protexéronse os mananciais e posibilitouse o seu uso público, cun paseo peonil paralelo ao río, que foi restaurado ecoloxicamente con especies vexetais autóctonas, xerando unha zona verde de esparexemento e desfrute.    

Documentos relacionados Documentos relacionados