h1

Hospital dirixido á atención dos pacientes crónicos de psiquiatría e á asistencia ambulatoria psiquiátrica (Hospital de Día de Adultos, Hospital de Día Infanto-Xuvenil con comedor terapéutico, Unidade de Continuidade de Coidados, e Unidade de Psicoxeriatría).
 
Conta con 4 Unidades de Rehabilitación Psiquiátrica con 68 camas. A súa actividade asistencial vai dirixida a rehabilitar e recuperar aquelas capacidades funcionais e cognitivas perdidas ou deterioradas durante o proceso de enfermidade mental, co obxectivo de acadar a reintegración dos pacientes nas súas vidas familiares ou noutros dispositivos comunitarios.
Para isto desenvolven varios tipos de programas, individualizados e grupais, orientados a eliminar ou diminuír condutas inadecuadas, a potenciar o nivel de autocoidado, e a fomentar a autonomía social e de integración familiar e comunitaria.
Precisamente, o emprazamento destas Unidades nun hospital no centro da cidade e integrado na comunidade contribúe a facilitar o seu desenvolvemento nun contorno normalizador e se beneficia da proximidade da comunidade, ao realizar, de xeito tutelado, actividades da vida ordinaria como acudir á compra, ao banco, ou coller un autobús, para posibilitar esta reintegración familiar e social.

Ademais, conta tamén con Servizos en exclusiva de referencia para toda a Área de Vigo: Rehabilitación psiquiátrica, Unidade de Tuberculose, e Unidade do Centro de Transfusión de Galicia.