h1

  • Atención ao neno
    • Patoloxía benigna de crecemento no neno (Osgood Slater e Enfermidade de Sever)
    • Alteracións do raque durante o desenvolvemento
    • Patoloxía respiratoria
    • Tortícolis conxénitas sen bultoma
  • Atención á muller:
    • Patoloxía do solo pélvico feminino: incontinencias e prolapsos leves, síndromes miofasciais, cicatrices de episiotomías e cesáreas
  • Atención ao adulto / ancián:
    • Patoloxía osteoarticular crónico – dexenerativa: principalmente a nivel vertebral de membros inferiores
    • Patoloxía musculoesquelética benigna con limitación funcional:
      • Alxias vertebrais: cervicalxias, dorsalxias e lumbalxias
      • Alteracións da aliñación do raque: escolioses leves e hipercifoses
      • Patoloxía benigna ou simple de xeonllo: escordaduras, tendinites, síndrome femoropatelar,…
      • Patoloxía benigna ou simple de nocello: escordaduras, fascite plantar, tendinite aquílea,…
      • Ombro doloroso: tendinite de ombreiro
      • Patoloxía benigna ou simple de cóbado: epicondilite, epitrocleíte,..
      • Patoloxía de ATM: síndromes miofasciais
             

Dentro das actividades que se realizan nas UFAP ademais do máis coñecido que son os tratamentos individuais das diversas patoloxías que presentan os usuarios, desenvólvense actuacións coma:

  • Actividades grupais: para o adestramento e realización de Exercicio Terapéutico enfocado ao problema de saúde que presentan os usuarios, e entre as que destaca a Escola das Costas
  • Educación para a saúde (EPS): actuar sobre aqueles determinantes da saúde co obxecto de desenvolver condicións que favorezan a saúde