Documentación

Documentación para tramitar o seu Ingreso

Para formalizar o ingreso deberá acudir ao Servizo de Admisión facilitando os seus datos persoais coa Tarxeta sanitaria e DNI (ou Pasaporte) á hora que lle indicaron previamente. Emprazado no andar principal ou cero (área de administración).

Caixa de seguridade

Non traia obxectos de valor nin cartos. O Hospital non se responsabilizará en caso de perda ou desaparición

O Hospital dispón de Caixa de seguridade para custodiar o seus valores e documentos. Utilícea. Pida información ao persoal de enfermería.

Pulseira identificativa

No momento do ingreso facilitaráselle unha Pulseira identificativa, que debe conservar durante todo o tempo que permaneza hospitalizado. Se por algunha circunstancia a extravía ou lla retiran, solicite unha nova para garantir a súa seguridade na identificación.