Lembre que o Hospital é de todos, e para mantelo debemos
observar unhas normas básicas de convivencia:
Cumprir as normas de silencio e comportamento por respecto aos demais pacientes:
• falar en voz baixa
• non facer ruído
• escoitar a radio ou a televisión cun volume que non moleste aos demais
• evitar luces innecesarias para facilitar o descanso dos demais
Preservar a intimidade dos demais pacientes. Manter a orde do cuarto; evite acumular revistas, xornais ou outros obxectos
Evitar a presenza de flores e plantas no seu cuarto, para garantir a hixienización e asepsia do seu cuarto
Manter o mobiliario dentro do cuarto
Prégase a súa colaboración e que en todo momento sigan as indicacións do persoal da unidade